escaseza
escaseza
(< escaso)
-
s
f
Calidade do que é escaso.
Ex: Racionaron o aceite pola súa escaseza. A escaseza de vendas obrigounos a pechar.
Antónimos: abundancia, abundancia. -
s
f
Cantidade insuficiente de recursos para poder vivir.
Ex: A súa infancia está marcada pola grande escaseza que tiña a súa familia.
Antónimos: abundancia, abundancia. -
escaseza de auga
[XEOG]
Categoría convencional que empregan os hidrólogos para indicar que un país ten unha subministración anual de auga doce renovable inferior a 1.000 m 3 /habitante. Estes países probablemente experimenten condicións crónicas e estendidas de seca que poden impedir o seu desenvolvemento.
Refráns
- En poúca auga, pouco se navega.
- Hai máis días que longaínzas.
- Onde non se come, non hai ben que chegue nin mal que non sobre.
- Vale máis pouco diario, que moito de raro en raro.