abundancia

abundancia

(< lat abundantĭa)

  1. s f

    Posesión abondosa de bens materiais.

    Ex: Esa familia sempre nadou na abundancia.

    Sinónimos: fartura, opulencia, riqueza. Antónimos: cativeza, escaseza.
  2. [ASTRON]
    1. abundancia cósmica

      Proporción de átomos ou núcleos dun elemento observada na composición dun obxecto estelar ou dos raios cósmicos.

    2. abundancia cósmica relativa

      Abundancia cósmica dun elemento verbo doutro.

  3. abundancia isotópica [QUÍM]

    Porcentaxe en que, nunha mestura natural de isótopos dun elemento químico, se atopa cada un destes isótopos.

  4. s f

    Gran cantidade, máis ca suficiente, dunha cousa.

    Ex: Que abundancia de xoguetes ten este neno!, xa case non lle caben no seu cuarto.

    Antónimos: escaseza, insuficiencia.

Citas

  • O camiño que ía cara á fonte era moi pedregoso.

Frases feitas

  • En abundancia. loc adv Expresa a existencia dunha gran cantidade de algo. Ex: Este ano temos viño en abundancia.

Refráns

  • A torto ou dereito, a nosa casa ata o teito.
  • Día de todo, véspera de nada.
  • En mesa chea, a andorga chea.
  • Haber hainas como mantas.
  • Máis quero mesa farta, que mantelería branca.
  • Na casa onde hai bonete non falta molete.
  • Na mesa chea ben cabe a fogaza allea.
  • No ano caro, a peneira espesa e o cribo claro.
  • No bo ano a palla é grao.
  • O que ten moito mel, córneo con pan, córneo sen el ou córneo como quer.
  • o viño e o pan sempre se dan: uns anos ben, outros mal e outros menos mal.
  • Pan, que sobre; carne, que abonge; viño, que non falte; e alegría, que abaste.
  • Por moito pan nunca é mal ano.
  • Por moito trigo nunca é mal ano.

Palabras veciñas

abúlico -ca | abullar | abuna | abundancia | abundancia | abundancial | abundancial