riqueza
riqueza
(< rico)
-
s
f
Antónimos:
pobreza.
-
Calidade de rico.
Antónimos: pobreza. -
Abundancia de bens materiais.
Antónimos: pobreza. -
[ECON]
Conxunto de bens económicos dispoñibles para un suxeito ou unha sociedade. Faise referencia á riqueza nun momento determinado, e neste sentido de stock pode empregarse como sinónimo do termo patrimonio. O concepto de riqueza en termos de fluxo denomínase renda, e só pode considerarse como riqueza propiamente dita se foi incluída no reconto inicial de bens.
-
-
Abundancia relativa de calquera cousa.
Antónimos: pobreza. -
s
f
Luxo ou esplendor.
Antónimos: pobreza.
Refráns
- a don sen din pouco me importa a mino
- A fartura sete faltas disimula. "
- a home rico coa fama casa o fillo.
- a moito ter, o moito valer e o moito poder, botan ás veces un home a perder.
- A que ten pan e capelo nunca lle falta mancebo.
- A riqueza é moitas veces causa de tristeza.
- A vergonza pasa e o diñeiro queda na casa.
- Abondo ten quen bo creto ten.
- Algo alleo non fai herdeiro.
- ande hai, calquera gobema.
- Ben parvo é o que morre pobre por vivir rico.
- Cargado de ferro, cargado de medo.
- Comer cameiro é de cabaleiro.
- Cos desperdicios dos ricos mantíñanse moitos pobres.
- Cun moito e dous pouquiños fanse os homes ricos.
- Da riqueza saen ás veces os vicios.
- De home facendado non te verás vingado.
- De rico a soberbio non hai palmo enteiro.
- De rico a soberbio non hai un palmo enteiro.
- Do alleo, falchoco cheo.
- Do rico é dar remedio; e do vello, consello.
- E ben borrico o que vive pobre por morrer rico / para morrer rico.
- Eu duro e vós duro ¿quen levará o maduro?
- Limpeza, e non na bulsa; claridade, e non no caldo.
- Máis dá quen quer que que n ten.
- Máis quero pouco con pouco medo, que moito con temor de perdelo.
- Máis quero pouco seguro, que moito con perigo. •
- Mais ten o rico cando empobrece có pobre cando enriquece.
- Máis ten o rico cando empobrece, que o pobre cando enriquece.
- Máis vale entrar pobre no ceo que rico no inferno.
- Máis vale o din có don.
- Negreiro con diñeiro, cátao cabaleiro.
- Ninguén sabe o que ten, se ten quen o mantén.
- Non De falta pucheiro ao que ten diñeiro.
- Non se doe o farto do que ten fame e non ten un carto.
- Non sempre debe o rico gardar nin o pobre escatimar.
- Non sempre lle está ben ao rico gastar nin ao pobre escatimar.
- O parente do rico ten que buscar onde encher o bico.
- Ó pobre non lle ofrezas pero ao rico non lle debas.
- O que non ten bens, ten que ter mans e pes.
- Parente de rico, busca que comas.
- Puntada a barrisco na casa do rico para acabar axiña, pois non fai boa vida.
- Quen máis ten, máis quer.
- Quen moito ten, moito quer.
- Quen nun ano quere ser rico, ao mediodía, afórcano.
- Quen ten, ese ten.
- Rico é o que non debe nada a ninguén.
- Sempre houbo pobres e ricos.
- Sempre o ter se lixou no saber.
- Tan ben vive o pobre no seu sobrado, como vive o rico no seu pazo.
- Ten quen ten -din as campás de Toén.
- Teña eu cubas e caudal e quen queira, viñas e lagar.
- Vaise o ouro Ao mouro.
- Vaise o ouro para o tesouro.
- Val quen tén -din as campás de Toén.
- ¡Sorte do que ten e pobre do que o ten que buscar!