abundancia
abundancia
(< lat abundantĭa)
-
[QUÍM]
Porcentaxe en que, nunha mestura natural de isótopos dun elemento químico, se atopa cada un destes isótopos.
-
s
f
Gran cantidade, máis ca suficiente, dunha cousa.
Ex: Que abundancia de xoguetes ten este neno!, xa case non lle caben no seu cuarto.
Sinónimos: fartura. Antónimos: escaseza, insuficiencia. -
s
f
Posesión abondosa de bens materiais.
Ex: Esa familia sempre nadou na abundancia.
Sinónimos: fartura, opulencia, riqueza. Antónimos: cativeza, escaseza. -
[ASTRON]
-
abundancia cósmica
Proporción de átomos ou núcleos dun elemento observada na composición dun obxecto estelar ou dos raios cósmicos.
-
abundancia cósmica relativa
Abundancia cósmica dun elemento verbo doutro.
-
abundancia cósmica
Frases feitas
-
En abundancia. loc adv Expresa a existencia dunha gran cantidade de algo. Ex: Este ano temos viño en abundancia.