escena
(< lat scaena ‘escenario,teatro’ < gr σκηνή‘ ‘choza, escenario’)
-
[ESPECT]
-
s
f
Lugar do teatro en que, tradicionalmente, se representa a obra dramática ou outro espectáculo teatral. Orixinariamente, no teatro grego, designaba un espazo situado detrás da orchestra, a área onde tiña lugar a representación, que utilizaban os actores para mudar o seu vestiario e gardar elementos teatrais. Inicialmente, consistía nunha tenda de pano, para se converter logo nun edificio de dúas plantas onde había un espazo reservado para a intervención dos deuses e dos heroes. Posteriormente, o termo pasou a designar tanto os decorados que situaban a acción nun tempo e nun espazo concretos como o lugar da representación, a área rectangular do escenario. Adóitase distinguir entre a escena pechada, propia dos teatros á italiana, e a escena aberta, propia dos teatros de area, onde o público rodea o espazo en que ten lugar a función.
-
escena muda
Escena en que os personaxes representan unha acción mediante xestos e acenos.
-
posta en escena
Expresión que data da segunda metade do s XIX e que é a tradución literal do francés mise en scène. Comezou a utilizarse cando o director pasou a ser o encargado de montar o espectáculo. Así pois, a posta en escena é o proceso mediante o que o director de escena se encarga de compaxinar todos os elementos que interveñen nunha peza dramática (iluminación, música, actuación, etc) para darlle un determinado sentido a esta, polo que tamén se inclúe aquí o traballo de traspoñer a escritura dramática do texto en escritura escénica.
-
s
f
-
s
f
Lugar onde acontece algo.
Ex: Os policías achegáronse á escena do crime.
Sinónimos: escenario. -
s
f
-
[ESPECT]
Cada unha das partes en que se dividen os actos dunha obra dramática e nas que interveñen os mesmos personaxes.
-
Parte en que se divide unha obra literaria, cinematográfica, radiofónica, etc, por constituír unha unidade en si mesma.
-
[ESPECT]
-
s
f
[ESPECT]
Arte teatral, tanto no que se refire ao aspecto literario coma ao da representación.
Ex: Premiárono pola súa dedicación á escena.
-
s
f
Suceso ou acontecemento da vida real que chama a atención.
Ex: Ante aquela escena amorosa, a camareira só foi quen de sorrir.
-
s
f
Acto esaxerado ou escandaloso, polo xeral violento, de alguén.
Ex: Fíxolle unha escena no medio da rúa.
-
s
f
Medio ou ambiente en que se desenvolve unha acción ou actividade.
Ex: Desapareceu da escena política durante cinco anos.
-
s
f
[ARTE]
Arquitectura efémera ou real que, nos teatros do mundo clásico, tiña a función de ambientar o proscenio amodo de decorado.
-
escena tridimensional
[INFORM]
Escena que, sumada a outras, permite crear unha realidade virtual, composta dunha imaxe de síntese plana en que se inclúen datos xeométricos referentes a formas, dimensións ou orientacións que definen un obxecto que se quere facer percibir.
Frases feitas
-
2 Montar e dirixir unha obra teatral.
-
Estar en escena 1 Estar un actor no escenario representando unha obra dramática.
-
Poñer en escena 1 Representar unha obra teatral.
-
2 Estar un actor posuído do seu papel mesmo cando non actúa.