escenario
(< lat scaenarĭu ‘lugarda escena’)
-
s
m
[ESPECT]
-
Parte do teatro construída convenientemente para que se poidan colocar os decorados e aparentar o lugar da acción dramática. Habitualmente, consiste nunha gran caixa rectangular que acolle a escena, ou lugar da representación, os diferentes tipos de maquinaria e outros medios, os recursos técnicos e as saídas para os vestiarios e outros espacios como o foxo dos músicos, os almacéns e os obradoiros de escenografía. Está separado do público polo proscenio, onde se adoita situar un gran pano que se abre e pecha co inicio e co remate da función ou nos intervalos. Ese espazo específico do edificio teatral pode revestir diferentes formas, sempre en relación co espacio destinado aos espectadores. Así, pódese falar dun escenario aberto, de area, pechado, circular, exterior, flexible, frontal, xiratorio, fixo, inclinado, interior, á italiana, en media lúa, múltiple, móbil ou portátil.
-
Lugar en que ten lugar a acción dunha película.
Ex: Os actores colocáronse no escenario para filmar a secuencia.
-
-
s
m
Lugar en que ocorre un feito.
Ex: O escenario da batalla presentaba un aspecto desolador.
Sinónimos: escena.