escenotecnia
escenotecnia
(< escena + -tecnia)
s
f
[ESPECT]
Disciplina que estudia todos os aspectos técnicos derivados da escenificación e achega solucións para os diversos problemas que esta presenta. Constitúe un campo moi amplo de estudios nos que tamén hai que incluír os derivados do uso de equipamentos e recursos técnicos e tecnolóxicos no marco da representación teatral, desde a maquinaria teatral ata as novas tecnoloxías aplicadas á iluminación ou á sonorización.