escepticismo

escepticismo

(

  1. [FILOS]
    1. s m

      Doutrina filosófica que consiste no exercicio da dúbida como método. É unha teoría do coñecemento que expón que non hai ningún saber firme, nin que nunca se pode atopar unha opinión absolutamente segura. Nunha vertente práctica, trátase dunha actitude de dúbida constante diante do considerado como verdade. Os escépticos mantiñan que, de haber un coñecemento seguro, non habería cambios nos contidos do coñecemento, como aconteceu ao longo dos séculos. Para eles a verdade absoluta non existe. Iniciada polos sofistas no s V a C, Gorxias mantivo que nada existe, e no caso de existir, non se pode coñecer, e de poderse coñecer, non se pode comunicar. Posteriormente, a partir do s III a C, o escepticismo desenvolveuse nas doutrinas de Pirrón de Élide. No s XVI, M. E. Montaigne defendeu un certo escepticismo, e no XVII, R. Descartes adoptou unha posición escéptica desde un punto de vista metodolóxico para, a partir da dúbida metódica, atopar a primeira verdade do seu sistema filosófico. O escepticismo perviviu ata os nosos días.

    2. escepticismo epistemolóxico

      Doutrina que dubida da posibilidade dun coñecemento verdadeiro.

  2. s m

    Actitude que amosa a persoa que dubida de todo.

    Ex: O escepticismo é o primeiro paso cara á verdade.