Eschscholzia

Eschscholzia
[PLANTA]

Xénero de herbáceas perennes ou anuais, da familia das papaveráceas. Posúe follas pecioladas, subdivididas en lacinias moi estreitas, e flores con catro pétalos de gran tamaño e cor variable, branca, amarela, rosa ou vermella. Presenta gran número de alcaloides, polo que se utiliza farmacoloxicamente como sedante, hipnótico, espasmolítico, vasodilatador coronario, antihipertensivo, antibacteriano, antifúnxico, antiinflamatorio, anestésico, inhibidor da alcohol deshidroxenase e depresor cardíaco. A especie E. californica, denominada papoula de California, orixinaria de California, foi introducida en Europa en 1790 e está presente en Galicia en beiras de camiños e lugares removidos.

Palabras veciñas

Escherichia | Escholier, Raymond | Eschrichtius | Eschscholzia | Eschweiler | escíbalo | esciénido -da