esciénido -da
(< lat científico Sciaena)
-
adx
Relativo ou pertencente aos esciénidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos esciénidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de peixes, da orde dos perciformes, de corpo longo e comprimido, de ata 2 m de lonxitude, con dúas aberturas nasais a cada lado da cabeza, unha única aleta dorsal que presenta espiñas endurecidas, dous raios espiñentos na aleta anal e unha liña lateral prolongada ata a extremidade da caudal. Pode emitir sons coa vexiga natatoria, que mesmo son audibles para o oído humano situado fóra da auga. É un animal depredador que vive en pequenos grupos. Localízase en costas de fondos lamacentos e rochosos; nos mares tropicais tamén hai especies peláxicas. Teñen unha grande importancia comercial nas costas de América do Sur e África. En Galicia hai dúas especies da familia dos esciénidos, a Sciaena umbra, de ata 75 cm de lonxitude, de cor acastañada dourada e aletas escuras, que vive no verán entre os 10 e 20 m de profundidade, e a maior profundidade no inverno; localízase no Mediterráneo e no Atlántico, dende Galicia a Marrocos; e a Argyrosomus regius, de ata 2 m de lonxitude e 90 kg de peso, de cor arxéntea con reflexos acastañados e aletas castaño-avermelladas, que se distribúe polo Océano Atlántico, dende augas tropicais ata Noruega, e tamén polo Mar Mediterráneo.