Escipión, Publio Cornelio

Escipión, Publio Cornelio

Xeneral e político romano, irmán de Cneo Cornelio Escipión Calvo. Recibiu o consulado xunto con Tiberio Sempronio (218 a C) e emprendeu unha campaña contra os cartaxineses, pero non puido frear o avance de Aníbal cara a Italia, que o derrotou en Tesino e Trebia. Enviou o seu irmán Cneo para atacar as bases cartaxinesas en Hispania e uniúselle cun novo exército (217 a C). Nunha campaña conxunta cruzaron o Ebro, cercaron Dertosa (Tortosa) e derrotaron a Asdrúbal (216 a C). No seu avance cara ao S conseguiron a alianza dalgúns dos pobos peninsulares, que se integraron no seu exército, e continuaron o seu avance ata reconquistar Sagunto (213 a C-212 a C). Foi derrotado en Cástulo polo exércitos de Asdrúbal e Magón.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Cástulo