Escipión Africano, Publio Cornelio

Escipión Africano, Publio Cornelio

Xeneral e político romano, fillo de Publio Cornelio Escipión. Elixido por votación popular xefe do exército romano en Hispania, tralo desembarco en Tarraco (210 a C) estableceu alianzas cos indíxenas e aproveitouse da dispersión dos cartaxineses para conquistar Cartago Nova (209 a C). Derrotou a Asdrúbal en Bécula (208 a C) e conseguiu a vitoria en Ilipa (206 a C), feito que permitiu a captura de Gades e a fin do dominio cartaxinés en Hispania. Nomeado cónsul (205 a C), trasladouse a Sicilia para continuar a guerra contra os cartaxineses en África. Nomeado procónsul ao ano seguinte, aliouse co Rei Massinisa e puxo fin á Segunda Guerra Púnica trala derrota de Aníbal na Batalla de Zama (202 a C). Participou como legado na campaña contra Antíoco III de Siria e concertou un tratado de paz (190 a C) que o enfrontou cun sector do Senado. Pola súa vitoria concedéronlle o título de Africano (201 a C).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Roma

  • Deceso

    Lugar : Literno