Escipión Emiliano Africano Numantino, Publio Cornelio
Xeneral e político romano, fillo adoptivo de Publio Cornelio Escipión Africano. Abandonou o partido dos Escipións para unirse ao dos patricios. Participou na Terceira Guerra Púnica como tribuno militar e, tralo seu nomeamento como cónsul, dirixiu o ataque definitivo contra Cartago para destruíla (146 a C). Organizou a provincia romana do Norte de África. Elixido de novo cónsul (134 a C), foi enviado a Hispania trala desfeita do cónsul Caio Hostilio Mancino no cerco de Numancia. Cercou a cidade (134 a C-133 a C) e, despois de rendela pola fame, arrasouna e pacificou a Meseta. Á súa volta a Roma, enfrontouse cos membros do partido popular pola lei agraria e foi asasinado. Formou ao seu redor un grupo, no que se incluían Polibio e Terencio, que difundiu a cultura grega en Roma. Recibiu os apelativos de Segundo Africano, trala vitoria sobre Cartago, e Numantino, pola súa vitoria en Hispania (132 a C).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Roma -
Deceso