escisión

escisión

(< lat scissĭōne‘cortadura’)

  1. s f

    Acción e efecto de escindir ou escindirse.

  2. [BIOL]
    1. s f

      Forma de reprodución asexual pola que un organismo se divide en partes iguais. É o sistema de división máis usual entre bacterias, algas e protozoos, e tamén nalgúns metazoos.

    2. escisión binaria

      escisiparidade.

    3. escisión múltiple

      División dun organismo en máis de dúas partes.

  3. s f [MED]

    excisión.

  4. escisión fonolóxica [LING]

    Proceso diacrónico polo cal un fonema se transforma en dous ou máis distintos a partir, xeralmente, dunha diferenciación fónica contextual. Segundo o resultado, pódese falar de fonoloxización, transfonoloxización ou desfonoloxización. Así, explícase, por exemplo, a evolución do fonema /k/ en latín (ortograficamente <c>), que deu en galego solucións diversas: CANTARE > [k]antar, CIVITATE > [ɵ]idade.