escitamíneo -a
escitamíneo -a
(< lat scitamineae)
-
adx
Relativo ou pertencente ás escitamíneas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da antiga orde das escitamíneas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Antiga orde constituída por plantas herbáceas perennes, a miúdo moi corpulentas, de follas enteiras, grandes e amplas, provistas de vaíñas grosas e con flores trímeras, cigomorfas ou asimétricas, de ovario ínfero e de androceo xeralmente reducido. É unha orde tipicamente tropical. Os seus membros están actualmente incluídos dentro da orde das zinxiberáceas.