Esclusa, Manel

Esclusa, Manel

Fotógrafo. A partir de 1977 dedicouse ao ensino da fotografía na escola de deseño Eina de Barcelona, que combinou co seu labor de fotógrafo independente. Das súas series de fotografías destacan Nosus (1985), Aquariana (1988), Barcelona, ciutat imaginada (1988), premiada en Arlés, e Trencadis. Publicou Flor de Claus (1994), con textos de Joan Brossa, e Aquariana (1994). Expuxo na Fundació Joan Miró de Barcelona, no Centro de Arte Reina Sofía de Madrid e en Londres, Nova York e Toquio. Participou na III edición da Fotobienal de Vigo (1988) e na mostra itinerante sobre a obra de Gaudí que percorreu diversas capitais europeas (2002).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vic