Escobar, Marisol
Escultora. Formouse en París na École des Beaux-Arts e na Académie Julian. Trasladouse a Nova York en 1950 e continuou os seus estudios na Hans Hofmann School de Provincetown e na Art Students’ League de Nova York (1951-1954). A súa obra sitúase na estética da pop art. Realizou esculturas de madeira de tamaño natural con cabezas humanas e extremidades e diversos adornos que se relacionan entre si formando grupos ordenados de xeito paralelo. Estas obras, nas que incluíu un contido crítico e satírico, achéganse ás ensamblaxes e aos enviroments. Destacan, entre outras, La familia (1962), La visita (1964), Mujer y perro (1964), e os retratos de personaxes públicos realizados dende os anos oitenta, entre outros, os de Pablo Picasso, Desmond Tutu e o Dr. José Gregorio Hernández.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París