Escobón, El

Escobón, El

Publicación de carácter satírico aparecida na parroquia de Bergondo (Betanzos) en xaneiro de 1888. Cesou a súa edición a finais dese mesmo ano. Subtitulouse “Semanario satírico-cómico-lírico-dramático, con corresponsales en todas las esquinas del pueblo”. Dirixiuna Fernando García Acuña e imprimiuse nos obradoiros tipográficos da viúva de Castiñeira e, posteriormente, nos talleres de Las Mariñas. O seu principal obxectivo era combater o caciquismo.