escoita
(
-
s
f
Acción de escoitar.
-
s
f
[BÉL]
Método de detección e observación do inimigo por medio de diversos procedementos de captación do son. Na Primeira Guerra Mundial destacou a escoita submarina, que se practicou por medio da colocación de micrófonos por baixo da liña de flotación das embarcacións de guerra, que detectaban a presenza de submarinos. Durante a Segunda Guerra Mundial o sistema substituíuse polo sonar.
-
s
f
[BÉL]
Sentinela enviada a un lugar para espiar pola noite as liñas inimigas.
-
escoita telefónica
[DER]
Intercepción dunha comunicación telefónica utilizando artificios técnicos de escoita, transmisión, rexistro ou reprodución de sons. As intercepcións que se realizan sen autorización xudicial constitúen un delito contra os dereitos fundamentais.
Frases feitas
-
Á escoita. En estado, actitude ou disposición de atención ou vixilancia. OBS: Adoita empregarse con verbos como andar, estar ou quedar.