Escoitade

Escoitade
[ESPECT]

Grupo de teatro afeccionado creado en 1973 en Valadares, vinculado ao Centro Cultural e Artístico desa parroquia do concello de Vigo. Nos seus inicios foi dirixido por Teodoro Piñeiro, quen desenvolveu unha intensa actividade nos anos setenta e oitenta, coa escenificación dunha chea de espectáculos, entre os que destacan Estebiño, O cantar dos cantares, O cabodano ou A casa de Bernarda Alba. Desenvolveu un intenso labor no apartado da animación e a dinamización teatral e organizou múltiples actividades de promoción do teatro. Nos anos noventa a dirección do grupo pasou a Raúl Alonso Rodríguez e Manuel Dasilva Díaz, responsables de espectáculos como Antígona, Os peixes vermellos ou A comedia do emprego.

Palabras veciñas

Escoiquiz, Juan de | escoirar | escoita | Escoitade | escoitador -ra | escoitar | escola