Escola-Crítica
Escola-Crítica
Publicación de carácter educativo aparecida na Coruña en setembro de 1992. Subtitulouse “Revista de innovación educativa. Asociación cultural escola crítica”. Dirixiuna Rufino González Fernández e tentaba ser un instrumento pedagóxico ao servizo da comunidade educativa, orientada ás áreas artística, matemática e literaria. Incluíu tamén información relacionada coa ecoloxía, cos medios de comunicación, coa informática e co mundo do cómic.