Escola Tècnica Superior d’Arquitectura de Barcelona

Escola Tècnica Superior d’Arquitectura de Barcelona
[EDUC]

Escola de arquitectura pertencente á Universidade Politécnica de Catalunya dende 1971. Ademais dos estudios de arquitectura inclúe os de paisaxismo e deseño. Ten a súa orixe nos estudios establecidos na Llotja (1817-1850) e na Escola de Mestres de Obras (1850-1869). En 1869 fundouse a Escola Politécnica Provincial que comprendía unha escola de arquitectura, que en 1874 pasou a formar parte da Universidade e en 1875 denominouse Escola Superior de Arquitectura. Facilitou a aparición do modernismo aínda que a súa orientación foi moi académica e recibiu críticas de A. Gaudí e do GATPAC. O seu clasicismo conformou o novecentismo e o monumentalismo da posguerra, e nos anos sesenta tentou introducir a arquitectura do movemento moderno. Formáronse nela algúns arquitectos galegos como X. M. Bartolomé Argüelles, X. M. Casabella e X. Estévez Fernández.