Escolanía de Montserrat

Escolanía de Montserrat
[MÚS]

Institución de rapaces de dez a catorce anos de idade dedicados ao canto do culto en Montserrat. Residen no santuario, onde cursan os estudios correspondentes á súa idade, e reciben educación musical no Conservatorio Elemental. Probablemente, a súa orixe procede da tradición dos monxes de Ripoll, fundadores de Montserrat (s XI). Consérvanse composicións que supoñen un dominio técnico da polifonía do barroco e do bel canto do rococó. No s XIX dispersouse en varias ocasións e foi restaurada polo monxe Jacint Boada en 1818, 1824 e 1851. Dirixida por laicos (1854-1865), volveu aos monxes, entre os que destacaron Manuel Guzmán, Anselm Ferrer, David Pujol, Ireneu Segarra e Jordi Agustí Piqué. Gravou máis dun centenar de discos, con música da escola de Montserrat antiga e moderna, polifonía antiga e música coral contemporánea. Dende 1968 deu concertos no ámbito nacional e internacional. Obtivo numerosos premios, entre os que destaca o Premi Nacional de Música da Generalitat de Catalunya.