Escolar, El

Escolar, El

Publicación mensual aparecida na vila coruñesa de Ortigueira a finais de 1905. Cesou a súa edición en agosto de 1907 (nº23). Subtitulouse “Periódico mensual de los niños” e dende o seu sétimo número vendeuse tamén en La Habana. Promovida polo mestre Xosé Mª Lage, foi dirixida por Rafael Armada Sagrera. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de David Fojo. Incluíu información sobre temas pedagóxicos, sobre o concello de Ortigueira, sobre Galicia, e analizou o bilingüismo e os problemas da emigración.