escondidas, ás

escondidas, ás

(< esconder)

  1. loc adv

    Sen dicir nada.

  2. xogar ás escondidas

    Xogo infantil que comeza reunindo nun punto fixo, en círculo ou semicírculo, a varios participantes. A continuación faise un sorteo, acompañado da recitación dunha fórmula eliminatoria, para decidir quén vai quedar (apandar) e os que se van agochar. Ao que queda, chamado pandote, tápanselle os ollos e faise poñer de costas ao resto, que van fuxindo cara a un escondedoiro. Ao estaren todos agochados, lanzan un berro para que o pandote os busque. Se este encontra algún dos seus compañeiros, ocupará o seu sitio, de non ser así continuará el mesmo. OBS: Dependendo do lugar xeográfico onde se practique este xogo, pode recibir outras denominacións: pandote, pandas ou quedas.

Palabras veciñas

esconchar | escondedoiro | esconder | escondidas, ás | escondit* | escontromiñar | esconxurador -ra