esconder
(< asconder < latabscondĕre)
-
v t
-
Pór algo ou alguén nun lugar para que non se vexa ou sexa difícil de ver. Na tradición oral recóllese o dito: “Tirar a pedra e esconder a man, é cousa de vilán”.
Ex: Escondeu o chocolate para que non o comesen. Escóndete trala porta para que non te vexa.
Sinónimos: acochar, agochar, ocultar, agachar. -
Facer que alguén ou algo pase inadvertido.
Ex: O colo da camisa escondía a cicatriz do pescozo.
Sinónimos: agochar, ocultar, agachar. -
Conter algo dentro de si outra cousa que se expresa, especialmente algo que non se ve facilmente.
Ex: O mar esconde unha gran riqueza biolóxica.
Sinónimos: ocultar.
-
-
v t
Tratar que algo non chegue a percibirse ou coñecerse.
Ex: Sempre esconde o feito de ser cego dun ollo. O seu sorriso escondía a dor que padecía.
Sinónimos: encubrir, ocultar. -
v pron
Poñerse alguén nun sitio para que non ser visto ou descuberto.
Ex: O neno escondeuse para que a súa nai non lle rifase.
-
v pron
Estar algo ou alguén oculto por algo.
Ex: Nese refrán escóndese unha gran sabedoría. O escritor escondíase baixo un pseudónimo.
Palabras veciñas
escombro | esconchar | escondedoiro | esconder | escondidas, ás | escondit* | escontromiñarIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles escondo
escondes
esconde
escondemos
escondedes
esconden
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles escondía
escondías
escondía
escondiamos
escondiades
escondían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles escondín
escondiches
escondeu
escondemos
escondestes
esconderon
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles escondera
esconderas
escondera
esconderamos
esconderades
esconderan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles esconderei
esconderás
esconderá
esconderemos
esconderedes
esconderán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles escondería
esconderías
escondería
esconderiamos
esconderiades
esconderían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles esconda
escondas
esconda
escondamos
escondades
escondan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles escondese
escondeses
escondese
escondesemos
escondesedes
escondesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles esconder
esconderes
esconder
escondermos
esconderdes
esconderen
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
esconde
-
-
escondede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles esconder
esconderes
esconder
escondermos
esconderdes
esconderen
escondida
escondidos
escondidas