agachar

agachar
  1. v t

    Retirar da vista ou encubrir algo ou alguén.

    Ex: Agacha este libro para que non o vexa ninguén. 

    Sinónimos: acochar, agochar, esconder, ocultar.
  2. v pron

    Esconderse nun lugar onde non pode ser atopado.

    Ex: Agáchate ben se non queres que te collan. 

  3. v t

    Inclinar a parte superior do corpo ou unha parte cara a adiante.

    Ex: Agacha a cabeza, senón vas dar coa trabe. 

    Antónimos: erguer, levantar. Confrontacións: abater, abater.
  4. v pron

    Abaixarse dobrando os xeonllos, pórse en crequenas ou inclinar a parte superior do corpo.

    Ex: Agáchate e pasa amodiño por debaixo do carro. 

  5. v t

    Facer que non se coñeza un determinado elemento ou actitude.

    Ex: El agacha as súas escuras intencións.

    Sinónimos: esconder, ocultar.

Frases feitas

  • Agachar a cabeza. Ter que admitir unha situación, adoptar unha actitude, realizar un traballo, etc, que se considera inxusta ou irracional, por mor da aplicación da disciplina xerárquica, despois de terse manifestado un en desacordo.

  • Agachar as orellas. Non defenderse nin replicar, desistir.

Palabras veciñas

Agabus | agachado -da | agachado -da | agachar | agacho | agacho | Agacino e
Conxugar
VERBO agachar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
agacho
agachas
agacha
agachamos
agachades
agachan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
agachaba
agachabas
agachaba
agachabamos
agachabades
agachaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
agachei
agachaches
agachou
agachamos
agachastes
agacharon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
agachara
agacharas
agachara
agacharamos
agacharades
agacharan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
agacharei
agacharás
agachará
agacharemos
agacharedes
agacharán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
agacharía
agacharías
agacharía
agachariamos
agachariades
agacharían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
agache
agaches
agache
agachemos
agachedes
agachen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
agachase
agachases
agachase
agachasemos
agachasedes
agachasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
agachar
agachares
agachar
agacharmos
agachardes
agacharen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
agacha
-
-
agachade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
agachar
agachares
agachar
agacharmos
agachardes
agacharen
Xerundio agachando
Participio agachado
agachada
agachados
agachadas