Escorial, El
Escorial, El
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado na cabeceira do río Auliencia, ao pé da serra de Guadarrama (8.554 h [1996]). A súa economía está baseada na agricultura, na gandería e en certa actividade industrial (lácteos, estudios cibernéticos) e comercial. A vila foi orixinariamente un pequeno casarío e desenvolveuse despois de que Filipe II ordenase a construción do palacio real e mosteiro de San Lorenzo de El Escorial. En 1792 Carlos IV segregouno do municipio de San Lorenzo de El Escorial, ao que está practicamente unido, e onde se sitúa o palacio-mosteiro.