escoura

escoura

(< lat scorĭa)

  1. s f [IND]

    Subproduto non metálico, de consistencia vidrosa, que se obtén na redución dos minerais para a obtención de metais ou no tratamento de purificación do metal fundido. Provén das impurezas do metal fundido ou da combinación da ganga do mineral cos fundentes e o material refractario, e sepárase da masa metálica flotando por riba desta, a causa do seu menor peso específico.

  2. s f [XEOL]

    Material expulsado polos volcáns, especialmente aquelas lavas que son máis viscosas e porosas, e que ao arrefriarse adopta formas sinuosas.

  3. s f

    Parte máis vil e desprezable de algo.

    Ex: Os maltratadores forman parte da escoura da sociedade.