Escourido Lúa, Benedicto

Escourido Lúa, Benedicto

Guerrilleiro antifranquista. Alcumado Lúa, foi labrego de profesión. Serviu de enlace dos guerrilleiros que actuaban na zona ata finais de 1947, ano en que, xunto á súa irmá Xosefa e outros colaboradores da guerrilla, marchou ao monte por temor ás represalias policiais a raíz da caída do guerrilleiro Xosé Vázquez Ubaldo. Caeu nos arredores de Ourol nun enfrontamento coa Garda Civil.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Miñotos, Ourol

  • Deceso

    Lugar : Ourol