Escourido Lúa, Xosefa

Escourido Lúa, Xosefa

Guerrilleira antifranquista. Campesiña, serviu de enlace da guerrilla e integrouse nela trala morte de Xosé Vázquez Ubaldo (novembro de 1947), guerrilleiro ao que ela e outros campesiños da zona axudaran en varias ocasións. Desenvolveu a súa actividade no ámbito de actuación da IIIª Agrupación Guerrilleira (Lugo). A finais do mes de xuño de 1949, na compaña doutros membros do destacamento Segundo Vilaboy, nun refuxio situado ao pé da serra do Xistral, foron cercados pola Garda Civil que os abateu a tiros e incendiou a choza. Alí morreron Xosefa e mais Xosé Pedreira.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Miñotos, Ourol

  • Deceso

    Lugar : Silán, Muras