escuadrón

escuadrón

(< escuadra)

  1. s m [BÉL]

    Conxunto de xente armada e ordenada para participar nun combate ás ordes dun capitán.

  2. s m [BÉL]

    Unidade táctica e administrativa da cabalería que apareceu nos distintos exércitos durante o s XVI. Dende o s XVIII constituíuse como parte dun rexemento de cabalería, e dividiuse á súa vez en seccións denominadas compañías.

  3. s m [BÉL]

    Unidade de combate da infantería española de formación compacta, constituída no s XVI e formada por uns 6.000 piqueiros. Conservou as súas características durante os ss XVI e XVII, pero no s XVIII esta unidade reduciuse a uns 3.000 piqueiros, divididos en compañías de 500 homes.

  4. s m [BÉL]

    Unidade de tropas mecanizadas que inclúe, entre outros, os carros de combate.

  5. s m [BÉL]

    Unidade táctica fundamental das forzas aéreas dotada dun número de avións variable segundo os países e que posúe capacidade administrativa e operativa.

Palabras veciñas

escuadrilla | escuadro | Escuadro | escuadrón | escualeno | escuálido -da | escuálido -da