escuálido -da
escuálido -da
(< lat squalidae)
-
adx
Relativo ou pertencente aos escuálidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos escuálidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de peixes mariños bentónicos, da clase dos condritios. De talle pequeno, posúe un corpo cilíndrico, comprimido ou lixeiramente deprimido, a boca en posición ventral, a primeira aleta dorsal total ou parcialmente en fronte da orixe das aletas pélvicas, as aletas pectorais pequenas sen proxeccións anteriores, e carece de aleta anal. Engloba os xéneros Centrophorus, Centroscymnus, Deania, Echinorhinus, Etmopterus, Lepidorhinus, Somniosus, Squaliolus, Squalus, Scymnodon e Scymnorhinus.