escuálido -da

escuálido -da

(< lat squalidae)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos escuálidos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da familia dos escuálidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Familia de peixes mariños bentónicos, da clase dos condritios. De talle pequeno, posúe un corpo cilíndrico, comprimido ou lixeiramente deprimido, a boca en posición ventral, a primeira aleta dorsal total ou parcialmente en fronte da orixe das aletas pélvicas, as aletas pectorais pequenas sen proxeccións anteriores, e carece de aleta anal. Engloba os xéneros Centrophorus, Centroscymnus, Deania, Echinorhinus, Etmopterus, Lepidorhinus, Somniosus, Squaliolus, Squalus, Scymnodon e Scymnorhinus.

Palabras veciñas

escuadrón | escualeno | escuálido -da | escuálido -da | escualiforme | escualo | escuar