Esfahān

Esfahān

Capital do ostān homónimo, Irán, na marxe esquerda do río Zāyandeh (1.266.072 h [1996]). A principal actividade económica é a agricultura, sobre todo os cultivos de algodón, tabaco e cereais. Tamén son importantes as industrias téxtiles e o mercado de produtos gandeiros. De orixe antiga, foi un dos maiores centros culturais de Oriente. Do seu patrimonio cultural destacan as mesquitas de Masjid-i-Shah (s XVII) e do Imām.