Eskişehir
Eskişehir
Capital do il homónimo, Turquía, na marxe dereita do río Porsuk (454.536 h [1997]). A base da súa economía é a industria, principalmente a fabricación de maquinaria e materiais de construción. Fundada no III milenio a C polos frixios, desenvolveuse durante a época bizantina ata que en 1097 caeu baixo o control otomano. Trala Guerra de Independencia turca (1919-1922), tivo que ser reconstruída. Do seu patrimonio cultural destacan os restos da antiga cidade frixia de Dorilaeum, as tumbas de Sheik Edibali e Kumbet Baba, e a rocha de Gerdek.