Esmalcalda
Esmalcalda
Cidade do länd de Turinxia, Alemaña (17.000 h [estim 1998]). Núcleo histórico, a súa actividade económica baséase no turismo cultural e nos servicios académicos, pois concentra un importante número de estudiantes en relación á súa poboación na Universität Schmalkalden (2.400 matriculados e 85 profesores [2001-2002]); neste centro, ademais do dereito e a economía, predominan os estudios de enxeñería e ciencias aplicadas, que aproveitan dende 1902 a tradición siderúrxica da cidade. Fundada no s XIII, pasou a formar parte da rexión de Hessen-Kassel en 1583 e desde 1866 de Prusia. Do seu patrimonio cultural destacan as casas da cidade medieval, a casa do concello (1419) e a igrexa de San Xurxo (s XV).