esmaltina

esmaltina

(< esmalte + -ina)

s f [MINERAL]

Arseniuro de cobalto e níquel, de fórmula (Co,Ni)As3. Cristaliza no sistema cúbico en cristais hexaédricos ou octaédricos. Ten unha dureza de 5,5-6 e unha densidade de 6,5. A súa cor pode oscilar entre a branca e a gris prateada, pero sempre opaca e con brillo metálico. Emprégase na fabricación de esmaltes, sobre todo de cor azul.

Palabras veciñas

esmaltadora | esmaltar | esmalte | esmaltina | esmangoletado -da | esmaragdita | esmarañar