Esmeraldas

Esmeraldas

Río do N de Ecuador que drena as provincias de Pichincha e Esmeraldas. Nace da unión do Branco e do Guayllabamba, que baixan da Cordilleira Oriental andina. O seu val constitúe unha das rexións agrícolas máis ricas do país. Atravesa os outeiros de Quinindé e desemboca no Pacífico, á beira da cidade de Esmeraldas.