Esmorga, A
Esmorga, A
Publicación aparecida en Barakaldo en 1985, editada pola Asociación Cultural Rosalía de Castro. Cesou a súa edición arredor de 1989. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos do concello de Barakaldo. Coordinouna Andoni Vázquez Tierra. De periodicidade irregular, os últimos números foron semestrais e anuais. Publicación de emigrantes cunha finalidade cultural, incluíu artigos sobre literatura, cultura popular, música e arte galegas. Así mesmo, inseriu fotografías de motivos galegos, retratos de escritores e ilustracións de Castelao, Luis Seoane e Carlos Maside.