espadeiro -ra
espadeiro -ra
(< espada)
-
adx e s
m
[AGR/ALIM]
-
Aplícase á variedade de uva tinta autóctona galega que dá lugar a viños suaves e pouco alcólicos. Propia fundamentalmente das comarcas do Val do Salnés, do Condado do Tea e O Rosal, está protexida pola Denominación de Orixe Rías Baixas.
-
Aplícase ao viño elaborado con esta variedade de uva.
-
-
s
Persoa que fabrica ou vende espadas.