espadela

espadela

(< lat *spathella, porspathŭla)

  1. s f

    Proceso de elaboración do liño que consiste en golpear os feixes coa espadela para eliminar as fibras defectuosas.

  2. s f

    Instrumento de madeira en forma de macheta que xunto co espadeleiro, serve para espadelar o liño.

    Sinónimos: tascón.
  3. s f

    Peza do tear, constituída por unha serie de furados, que evita que os fíos se enguedellen.

  4. s f [MAR]

    Remo máis longo ca os outros dun mesmo bote usado polo proeiro; colócase na popa do bote e serve para gobernalo en vez do temón ou para remar á sirga.

Palabras veciñas

Espadañedo | espadar | espadeiro -ra | espadela | espadelador -ra | espadelar | espadeleiro