espantar
(< lat v *expaventāre)
-
v t
Causar espanto, medo ou susto a alguén.
Ex: Espantouno cos seus contos de medo. A masacre espantou a todo o mundo. Espántao a soidade.
Sinónimos: horrorizar. -
v t
-
Facer que fuxa un animal ou unha persoa, especialmente ao asustalo ou ameazalo.
Ex: A tormenta espantou as ovellas. Espantaron o can doente cunha estaca.
Sinónimos: axotar, correr, correr. -
Facer algo para evitar un sentimento ou unha sensación. Na tradición oral recóllense ditos como: “Os seus males espanta o que canta”.
Ex: Espantou o frío cuns grolos de viño.
-
-
v t
Causar, algo que non gusta, unha sensación desagradable a alguén.
Ex: Espantounos a voz desafinada da cantante.
Sinónimos: horrorizar. -
v pron
Sentir unha forte sensación de espanto. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Espantouse a morte da aforcada cando a viu tan esguedellada. Ovella farta do seu rabo se espanta. Se é branco non me espanto e se é tinto non me arrepinto”.
Ex: Espantouse ó ver que o perseguían. Espantábase co número de víctimas da II Guerra Mundial. O gando espantouse coa tronada.
Frases feitas
-
Non matar nin espantar. Ser moi boa persoa.
Palabras veciñas
espantado -da | espantador -ra | espantallo | espantar | espanto | Espantoso | espantoso -saIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espanto
espantas
espanta
espantamos
espantades
espantan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espantaba
espantabas
espantaba
espantabamos
espantabades
espantaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espantei
espantaches
espantou
espantamos
espantastes
espantaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espantara
espantaras
espantara
espantaramos
espantarades
espantaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espantarei
espantarás
espantará
espantaremos
espantaredes
espantarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espantaría
espantarías
espantaría
espantariamos
espantariades
espantarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espante
espantes
espante
espantemos
espantedes
espanten
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espantase
espantases
espantase
espantasemos
espantasedes
espantasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espantar
espantares
espantar
espantarmos
espantardes
espantaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
espanta
-
-
espantade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espantar
espantares
espantar
espantarmos
espantardes
espantaren
espantada
espantados
espantadas