correr
(< lat currĕre)
-
v i
-
Ir dun lugar a outro movendo as pernas con rapidez de xeito que hai un momento en cada paso no que ningún dos dous pés está en contacto co terreo. Na tradición oral recóllense ditos coma: “De correr a parar, non hai moito que andar. Máis corre un manco ca un trenco. Máis vale un mal correr que un bo morrer. Moitas veces corre máis o diaño ca a lebre. Ninguén correu que non parase. Non por moito correr se chega máis axiña. Quen moito corre logo cae. Tras do que non corro non me canso”.
Ex: O primeiro quilómetro fíxoo correndo, o segundo xa foi camiñando. Luís acaba de saír agora mesmo, se corres aínda o colles. Botouse a correr así que se enterou da noticia.
-
Participar nunha carreira.
Ex: Vai no hipódromo para ver cómo corren os seus cabalos.
-
-
v i
Desprazarse a gran velocidade, especialmente un vehículo ou a persoa que o conduce.
Ex: Os coches modernos corren máis ca os antigos. Gústalle correr moito e calquera día sofre un accidente.
-
v i
Facer ou querer facer algo antes do debido ou con máis apuro do que é conveniente.
Ex: Non corras tanto que eu aínda non acabei.
-
v i
Apresurarse a facer algo de forma inmediata.
Ex: En canto escoita chorar o neno corre a collelo.
-
v i
Actuar de présa en calquera actividade.
Ex: Cando les corres de máis e non te enteras do que pon no libro. Non ten paciencia ningunha, fai todo a correr.
-
v i
-
Moverse as cousas.
Ex: Olla como corren as nubes sobre os cumios nevados!
-
Moverse unha cousa ao longo doutra ou por riba dela.
Ex: Os trens corren sobre carrís de aceiro. Este bolígrafo non corre nada, queda atoado.
-
Moverse un líquido nun sentido constante seguindo o seu curso.
Ex: Ten coidado e non metas o pé na auga que corre polo suco. O zume corre polo tronco das árbores.
-
Saír a auga dunha billa formando un chorro.
Ex: Deixa que corra a auga antes de encher o vaso.
-
Soprar o vento.
Ex: Polo san Martiño corre un airiño xeado.
-
-
v i
Transcorrer o tempo. Na tradición oral recóllense ditos coma: “Corran as cousas como quixer, xa pararán de correr”.
Ex: Os tres anos para cobrar a débeda xa comezaron a correr o primeiro do mes pasado.
-
v i
Divulgarse algunha cousa, como unha noticia ou a fama de alguén.
Ex: Corren novas alarmantes da situación política.
-
v i
Difundirse unha publicación entre o público.
Ex: Por fin corre o xornal que estivera censurado.
-
v i
Circular as moedas de uso legal.
Ex: A maior parte das coleccións de moedas están constituídas por exemplares que xa non corren.
-
v i
Estenderse unha cousa en certa dirección dunha parte a outra.
Ex: A serra do Galiñeiro corre cara ó S ata o monte Aloia. Para chegar á lagoa debes ir por aquel camiño que corre por entre as viñas. A mancha que tiña na fazula correulle por todo o corpo.
-
v i
Deber de pagamento de certas cousas, como alugueres, rendas ou xuros.
Ex: O aluguer corre dende o día no que asinamos o contrato.
-
v i
Encargarse alguén dalgún asunto determinado.
Ex: Non te preocupes, iso corre da miña conta.
-
v i
Navegar sen vela pola maior forza do vento.
-
v i
Dirixirse alguén con rapidez, pola súa maneira de facer as cousas, a unha situación xeralmente prexudicial.
Ex: Como siga facendo ese tipo de negocios, corre cara á súa perdición.
-
v t
Expulsar dun determinado lugar unha persoa ou animal en contra da súa vontade.
Ex: Correron o can que se achegaba ó galiñeiro.
Sinónimos: espantar. -
v t
Tomar parte nunha carreira.
Ex: Na última competición na que participou correu os cen metros lisos.
-
v t
Facer que se propaguen rumores.
Ex: Correron o conto de que andaba o lobo na vila.
-
v t
Antónimos:
descorrer.
-
Mover unha cousa dun lado para outro desprazándoa.
Ex: Corre as cadeiras cara á parede para facer sitio. Correulle o botón do pantalón porque engordara. Correran o ferrollo da porta e non puido entrar ata a mañá.
-
Facer que se peche ou abra unha cousa movéndoa.
Ex: Corre as cortinas, que entra moita claridade pola fiestra!
Antónimos: descorrer. -
[GRÁF]
Facer pasar palabras dende liñas xa compostas a outras para facer algunha emenda ou modificación que cumpra.
-
-
v t
-
Facer un percorrido determinado.
Ex: María correu toda Europa o ano pasado grazas ó premio da lotería.
-
Percorrer unha cidade, país ou rexión en son de guerra para espoliala.
-
[DER/HIST]
Castigo imposto pola comisión dun delito, consistente na obrigación de percorrer as rúas dunha poboación ou a cuberta dun navío sendo exhibido ante a poboación, ás veces incluso azoutado durante o traxecto.
-
-
v t
-
Compartir dúas ou máis persoas as mesmas experiencias vitais.
Ex: Correron a mesma sorte.
-
Estar alguén exposto a unha continxencia, afrontar un imprevisto, sufrir unha eventualidade.
Ex: De non facermos algo, todos correremos a mesma sorte ca el. Éche moi afeccionado ás actividades nas que se corren riscos evidentes.
-
-
v t
Cruzar ou traspasar algunha cousa.
-
v pron
Experimentar un orgasmo.
-
v pron
Estenderse algunha cousa por unha superficie.
Ex: Corréuselle a tinta chinesa e estragou a lámina.
Frases feitas
-
A (todo) correr loc adv Coa maior rapidez posible, á présa. Ex: Non ten paciencia e faino a todo correr.
-
Correr a engrada para o muíño dun. Procurar a propia comenencia.
-
Correr a voz. Difundir un rumor ou unha noticia.
-
Correr coma o sapo pola cinza. Ser pouco espilido ou algo descoidado.
-
Correr coma un raio/un foguete/ unha lebre. Correr a gran velocidade.
-
Correr como ánimas en pena/un riguilete. Correr moito.
-
Deixar correr. Consentir, por calquera motivo, que unha cousa falsa ou prexudicial se diga ou faga.
-
Corre rabo tras teu amo! Expresión que lle di unha nai a seu fillo cando vai correndo e chorando detrás dela.
-
Correr a cortina. Deixar de falar sobre un asunto determinado.
-
Correr a escola. Latar, faltar voluntariamente ás clases.
-
Correr ben a auga polo rego. Comprender algunha cousa de forma clara.
-
Correr da gorxa os arangaños. Madrugar.
-
Correr mundo. Viaxar moito.
-
Correr o entroido. Disfrazarse e andar de troula polo entroido.
-
Correr pola cabeza. Ter unha idea vaga ou imprecisa sobre algunha cousa.
-
Correrlle as xuntas a un/Correrlle a albarda a un. Mallar a paos unha persoa.
-
Marchar corrido coma un can. Saír ridiculizado e escarnecido dunha situación ou dun lugar.
Palabras veciñas
correón | correpresor | correr | correr | correspondencia | Correspondencia de Galicia, La | Correspondencia Gallega, LaIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles corro
corres
corre
corremos
corredes
corren
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles corría
corrías
corría
corriamos
corriades
corrían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles corrín
corriches
correu
corremos
correstes
correron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles correra
correras
correra
correramos
correrades
correran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles correrei
correrás
correrá
correremos
correredes
correrán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles correría
correrías
correría
correriamos
correriades
correrían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles corra
corras
corra
corramos
corrades
corran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles correse
correses
correse
corresemos
corresedes
corresen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles correr
correres
correr
corrermos
correrdes
correren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
corre
-
-
correde
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles correr
correres
correr
corrermos
correrdes
correren
corrida
corridos
corridas