Espártaco

Espártaco

Xefe dos escravos sublevados. Liderou unha revolta na escola de gladiadores de Capua (73 a C) e fuxiu con algúns compañeiros. Incitou os numerosos escravos dos latifundios da Italia meridional a unirse á súa rebelión e incrementou as súas forzas con campesiños libres que perderan as súas terras e veteranos do exército descontentos pola súa situación. Derrotou os lexionarios de C. Claudio Gabrio, dúas lexións do pretor Varilio e asentouse na Campania. Iniciou unha marcha cara ao N, co obxectivo de abandonar Italia, durante a que arrasou numerosas cidades. Malia que derrotou a Casio Longio Varo preto de Módena, volveuse cara ao S e chegou a Lucania. Derrotou a Mummio, legado de Licinio Craso no outono do 72 a C, pero foi cercado polas lexións. Malia que fuxiu en febreiro do 71 a C e derrotou de novo os romanos, as tropas conxuntas de Craso e Pompeio vencérono na Batalla de Silaro.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Tracia

  • Deceso

    Lugar : Lucania