especialidade
especialidade
(< lat especialitāte)
-
s
f
Calidade de especial.
-
s
f
Rama específica dunha ciencia, dunha profesión, etc, á que alguén se consagra dunha maneira exclusiva.
Ex: É un dos mellores médicos na súa especialidade.
-
s
f
Actividade específica á que alguén se dedica.
Ex: Desde neno a miña especialidade foi montar a cabalo.
-
s
f
Produto fabricado ou preparado por un establecemento de forma particularmente destacada.
Ex: Os pasteis de nata son a especialidade desta confeitería.
-
s
f
Arte ou cousa que é característica dun determinado lugar.
Ex: O arroz de marisco é unha das especialidades da gastronomía local.
-
s
f
[MED]
Medicamento presentado de forma uniforme, precintado e con nome rexistrado, cunha fórmula medicamentosa que tamén está rexistrada e declarada no prospecto adxunto.