espelir
-
v t
Facer que algo que estaba xunto ou compacto quede máis solto ou brando, estendéndoo ou movéndoo.
Ex: Espeliu o colchón para durmir mellor. Espeliu a herba que recollera para aireala.
-
v t
Facer que alguén perda a timidez e actúe con máis intelixencia ou enxeño.
Ex: Traballar dende tan novo espeliuno moito.
-
v t
Facer que alguén deixe de ter preguiza e se poña en actividade.
Ex: Espeliuno para que se puxese a estudar e deixara de xogar.
Sinónimos: espreguizar. -
v i
Poñerse esponxosa ou aumentar o volume dunha masa ao levedar.
Ex: Non lle botaches o lévedo e a masa non espeliu.
-
v pron
Perder alguén a timidez e actuar con máis intelixencia ou enxeño.
Ex: Na escola nunca o tomarán en serio se non se espile.
-
v pron
Deixar de ter preguiza e prepararse para realizar algo.
Ex: Espeliuse fretando os ollos e comezou a recoller as cousas do salón.
-
v pron
Apurarse para poder realizar algo.
Ex: Pola mañá espeliuse ben para chegar a tempo á estación.
Palabras veciñas
espeleolóxico -ca | espelicar | espelido -da | espelir | espello | Espello Cóncavo | espeluxado -daIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espilo
espiles
espile
espelimos
espelides
espilen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espelía
espelías
espelía
espeliamos
espeliades
espelían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espelín
espeliches
espeliu
espelimos
espelistes
espeliron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espelira
espeliras
espelira
espeliramos
espelirades
espeliran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espelirei
espelirás
espelirá
espeliremos
espeliredes
espelirán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espeliría
espelirías
espeliría
espeliriamos
espeliriades
espelirían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espila
espilas
espila
espilamos
espilades
espilan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espelise
espelises
espelise
espelisemos
espelisedes
espelisen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espelir
espelires
espelir
espelirmos
espelirdes
espeliren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
espile
-
-
espelide
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles espelir
espelires
espelir
espelirmos
espelirdes
espeliren
espelida
espelidos
espelidas