espello
(
-
s
m
[FÍS]
Superficie lisa e moi reflectora que, por reflexión dos raios de luz, dá imaxes claras dos obxectos. Os tipos máis correntes de espellos son os planos, os esféricos e os parabólicos. Os espellos planos dan unha imaxe que é virtual e simétrica co obxecto respecto ao plano do espello; ademais do uso doméstico, empréganse en numerosos aparellos, como as cámaras fotográficas réflex, o sextante ou o helióstato. Os espellos esféricos teñen a forma dun casquete esférico cóncavo ou convexo e dan, segundo a posición do obxecto, unha imaxe que pode ser real ou virtual, máis grande ou máis pequena ca o obxecto. Os espellos parabólicos teñen como propiedade fundamental o feito de que, para os raios paralelos ao eixe, non presentan a aberración de esfericidade dos espellos esféricos, isto é, todos os raios que inciden paralelos ao eixe, pertenzan ou non á zona de Gauss, converxen no foco, e, reciprocamente, os raios emerxentes dunha fonte luminosa situada no foco son proxectados paralelamente ao eixe; por esta propiedade, estes espellos utilízanse nos reflectores. Tanto os espellos esféricos como os parabólicos teñen moitas aplicacións na construción de instrumentos ópticos, especialmente na de telescopios.
-
-
s
m
Obxecto montado cunha superficie lisa que reflicte a imaxe dos obxectos situados fronte a el.
Ex: Regaláronlle un espello de man polo seu aniversario.
-
espello de Claudio de Lorena
[ARTE]
Pequeno espello circular e convexo empregado para reflectir en miniatura paisaxes de xeito que mostren os seus valores tonais. Foi moi utilizado nos ss XVII e XVIII.
-
espello frontal
[MED]
Espello de superficie cóncava e cunha luz eléctrica no centro que o médico adapta á fronte para realizar as exploracións, principalmente de larinxe e de oído.
-
espello retrovisor
[TECNOL]
Espello de pequenas dimensións que lle permite ao condutor dun vehículo automóbil ver os vehículos que circulan detrás del. Pode estar colocado no interior do automóbil, na parte central e superior do parabrisas, ou no exterior, nun ou nos dous lados do vehículo.
-
s
m
-
s
m
Aquilo que reflicte algo que se expresa.
Ex: A cara é o espello da alma.
-
s
m
Cousa que se toma como modelo ou exemplo.
Ex: Esa muller é o espello de constancia e superación.
-
s
m
[ARQUIT]
Van en forma oval ou circular.
-
s
m
[ARTE]
Motivo decorativo en forma circular ou oval rodeado dunha moldura.
-
s
m
[INFORM]
Servidor que contén copia da totalidade ou de parte dos contidos almacenados noutro.
-
s
m
[HERÁLD]
Figura que se representa xeralmente en forma rectangular, con marco e anela.
-
[PESCA]
-
espello de popa
Parte exterior da popa dunha embarcación desde o coroamento ata á bovedilla ou parte arqueada dos baixos de popa.
-
espello de proa
Parte interior dunha embarcación formada pola roda e a última caderna de proa.
-
espello de popa
-
bóveda de espello
[ARQUIT]
Bóveda de aresta na que non se expresa a intersección dos arcos diagonais.
Refráns
- Non hai mellor espello có amigo vello.
- O espello non sabe mentir; aquelo que ve é o que adoita dicir.