esperma

esperma

(

  1. s m [FISIOL]

    Líquido abrancazado moi viscoso que se emite no momento da exaculación, composto polos espermatozoides en suspensión no líquido seminal, que está constituído polas secrecións das distintas glándulas das vías xenitais e principalmente polas das vesículas seminais e da próstata. O exame do esperma ten unha grande importancia para medir a súa capacidade de fecundación e as posibles causas de esterilidade.

  2. esperma de balea [QUÍM]

    espermaceti.