espermaceti

espermaceti

(

s m [QUÍM]

Substancia cérea que se extrae das graxas contidas nas cavidades pericraniais e dorsal dos cetáceos fisetéridos e zífidos. Está formada por ésteres cetílicos dos ácidos graxos, principalmente do ácido palmítico. É insoluble en auga e soluble en éter, cloroformo e disulfuro de carbono. Emprégase como base para ungüentos na fabricación de xabóns, cosméticos e como emoliente.